Monday 29 de April de 2024

O Concello dispón xa dun novo vehículo híbrido para a Policía Local


• A adquisición está valorada en 44.800 euros dos cales o 75% proceden dunha subvención da Xunta de Galicia e o 25% restante de fondos municipais.

• O automóbil é adquirido a través da modalidade renting e o contrato terá unha vixencia de catro anos.

• O vehículo permitirá destinar un dos efectivos da actual frota ao servizo de Obras, permitindo así un maior aforro na o alugueiro de automóbiles.

O Concello de Miño xa dispón dun novo vehículo híbrido destinado para o uso da unidade de Policía Local.

O orzamento da actuación é de 44.800 euros, dos cales o 75% son procedentes da liña para a adquisición de vehículos alternativos con destino aos corpos de policía local do Fondo de Compensación Ambiental, mentres que o 25% foi achegado a través de fondos municipais.
Dita adquisición levouse a cabo a través da modalidade renting, cun contrato cuxa duración aumenta ata os catro anos.

O novo vehículo, de tipo híbrido, ten un menor impacto ambiental no referente a ruído e emisións. Doutra banda, permitirá un sensible aforro en combustible e tamén en alugueiros, xa que libera do uso para a policía local dun coche que pasará a formar parte da frota de vehículos do servizo de Obras.

O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, indica que “con este novo automóbil procúrase que a Policía Local dispoña de mellores condición e medios para desenvolver máis eficazmente ou seu traballo, repercutindo deste xeito nunha maior seguridade para a veciñanza”, e tamén fai fincapé “na aposta municipal por promover unha maior sustentabilidade, reducindo a pegada ambiental nos servizos municipais”.